Evento: Ese afuera que no es la naturaleza
Ese afuera que no es la naturaleza
Un bandido que pasou á historia atravesa o deserto ao lombo do cabalo, en cada parada un asalto e uns versos, papeis con frases en rima que narran a súa experiencia e insultan a quen os lea. 1875, Black Bart é o seu alcume, o bandido cabaleiro. Outro home do oeste emprende unha viaxe imposible. Remata na Patagonia arxentina, rodeado por un horizonte infinito, esperando que alguén o atope. As travesías son agora un recordo, o movemento é pasado, silencio/silencio/silencio e un bosque que lle fala. Butch Cassidy, o bandido carniceiro. Un bandoleiro do presente foxe a toda velocidade no seu coche repleto de cartos. Na súa viaxe, como un delirio, as imaxes se suceden coa velocidade dun trono. Visións mudas, ruído de motor e pneumáticos sucando a terra. Historias onde os motivos son o camiño e a espera, e o poder teno o son. Cal é a voz dun bosque, como resoa unha canción no corpo, canto tarda un disparo en extinguirse, de quen é a voz que se escoita en soños.
Magdalena Arau
Magdalena Arau (La Plata, Arxentina, 1981). Comunicadora audiovisual pola FBA-UNLP, onde exerce como docente. Traballou en proxectos teatrais e cinematográficos como asistente de dirección, directora e actriz, presentándose en diversos festivais nacionais e internacionais. En BAFICI 2011 estreou Archivo Expandido, obra de cine expandido construída a partir de materiais visuais e sonoros afeccionados en formato orixinal (Kunstenfestivaldesarts, Mostra de Cinema Periférico, Südpol, entre outros). Para a edición de Espacios Revelados en Bos Aires creou o proxecto La invención del barco es la invención del naufragio. É membro fundador de ARCA (Archivo Regional de Cine Amateur).
Máis eventos de tipo Espectáculo



