Evento: Concerto de Maldita Nerea

  • Cartel da xira
Concerto de Maldita Nerea
sábado, 27 febreiro, 2016 - 21:00
Sala Capitol,
Santiago de Compostela

Concerto de Maldita Nerea

Actuación do grupo murciano na súa xira Dentro en acústico

Maldita Nerea é un grupo de pop murciano formado en 2003 e liderado por Jorge Ruíz.
Tras uns comezos incertos e difíciles e tras o traslado do grupo de Murcia a Salamanca en 2007 lanzan o seu primeiro disco e o seu primeiro éxito. Continúan os traballos, os concertos e en 2010 conseguen situar unha canción como número uno nas listas musicais.
En 2014 tras case tres anos fóra dos escenarios regresan coa canción oficial da Selección Española de Fútbol para o Mundial Brasil 2014 e no último trimestre do ano realizan unha xira co seu disco Mira Dentro, un traballo máis íntimo e cun certo xiro cara a un estilo folk rock.

Actualmente, Maldita Nerea compóñeno Jorge Ruiz (voz e compositor), Luís Gómez (guitarra), Rafa Martín (baixo), Tato Latorre (guitarra) e Serginho Moreira (batería).

Máis eventos de tipo Concerto

O mellor e o peor dos 80 e 90
13 de xullo
Club Fluvial de Begonte
Con iAlma
13 de xullo
Praza do Concello
Gold&Colt
16 de xullo
Rúa dos Viños