Evento: La reina y el bufón

  • Cartel do espectáculo
La reina y el bufón
domingo, 28 febreiro, 2016 - 20:00
Casa da Cultura Pintor Lloréns,
Sada
Espectáculo musical de variedades protagonizado por Cristian Gómez

Un espectáculo con música, baile e o máis importante de todo, un volcán en erupción de humor da man deste camaleónico actor-transformista que consegue en cada unha das fotografías que fai co público ao final da función, sexan o puro reflexo da felicidade. Un espectáculo non soamente para gozar co que se ve no escenario, tamén as gargalladas e as inesperadas reaccións do público son dignas de ver. 
No escenario Cristian, este acreditado mago das transformacións, cheo de valentía e cun biombo como parede de camerino, sen deixar de darlle a cara ao público, fai un despregamento de cambio de vestiario e imaxe que deixarán atónito ao respectable. Seguro que se recoñecen, pero polo si ou polo non veranse a personaxes como Isabel Pantoja, Lina Morgan, Beyonce, Alaska e a saber quen máis poderá aparecer polo escenario. O que si confirmamos é que conta cuns actores e bailaríns magníficos. Neste cóntase cun precioso vestiario, maquillaxes, perrucas, postizos, bixutería e attrezzo.

A vangardista parte técnica e a proxección de imaxes animadas fai que a obra luza dunha forma espectacular. Nada que envexar os espectáculos de primeira liña. 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

MR.BO El niño que nunca escuchó un ¡NO!
3 de maio, 18:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Guerra
Guerra
3 de maio, 19:00
Casa da cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña
Cortello de Amor
7 de maio, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Iribarne
Iribarne
8 de maio, 20:00
Teatro Principal - A Estrada - Pontevedra