Evento: La reina y el bufón
La reina y el bufón
Un espectáculo con música, baile e o máis importante de todo, un volcán en erupción de humor da man deste camaleónico actor-transformista que consegue en cada unha das fotografías que fai co público ao final da función, sexan o puro reflexo da felicidade. Un espectáculo non soamente para gozar co que se ve no escenario, tamén as gargalladas e as inesperadas reaccións do público son dignas de ver.
No escenario Cristian, este acreditado mago das transformacións, cheo de valentía e cun biombo como parede de camerino, sen deixar de darlle a cara ao público, fai un despregamento de cambio de vestiario e imaxe que deixarán atónito ao respectable. Seguro que se recoñecen, pero polo si ou polo non veranse a personaxes como Isabel Pantoja, Lina Morgan, Beyonce, Alaska e a saber quen máis poderá aparecer polo escenario. O que si confirmamos é que conta cuns actores e bailaríns magníficos. Neste cóntase cun precioso vestiario, maquillaxes, perrucas, postizos, bixutería e attrezzo.
A vangardista parte técnica e a proxección de imaxes animadas fai que a obra luza dunha forma espectacular. Nada que envexar os espectáculos de primeira liña.
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios