Evento: Tatán Chapeu

Tatán Chapeu
sábado, 1 setembro, 2018 - 22:30
Var con Uve,
Moaña
Espectáculo musical de Tatán Cunha coa colaboración de Uxía e Magín Blanco, entre outros

Chapeu é un proxecto musical de Tatán Cunha que arranca fai máis de un ano coa colaboración de Pablo Vidal e Uxía na creación musical e arranxos varios. A proposta conta con letras de Tatán e colaboracións de Uxía e Magín Blanco nas letras das cancións Chapeu e Veludo e algodón, e Carlos Blanco en Mutua de decesos.

Chapeu é unha ducia de cancións escritas para contar historias. Fotografías teatrais, o mundo que máis coñece e co que Tatán camiña na vida. Un mundo cargado de amizades que o invitan a cantar e a quen admira e con quen creou este proxecto. Xente da música, xente do teatro e xente dos monicreques.

O CD conta nas gravacións con Isaac Palacín nas percusións, Alfredo Teixeira na guitarra portuguesa, Alberto Vilas no piano, Pablo Vidal no contrabaixo, piano e guitarras, Felipe Castro nos Saxos, Manu Paino no fliscorno e a trompeta e Sérgio Tannus coa viola.

Coa participación dos coros das Mosas (Uxía, Chus Domínguez, Ana Senlle) e Blanca Francés.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Elexía para Brahms
6 de novembro
Avenida do Burgo das Nacións
Vega
6 de novembro
Rúa de Concepción Arenal, 5
LA LOM
7 de novembro
Rúa de Concepción Arenal, 5