Evento: Monólogo do imbécil

  • Cartel do espectáculo
Monólogo do imbécil
sábado, 2 abril, 2016 - 20:00
Pazo da Cultura de Narón,
Narón

Monólogo do imbécil

Espectáculo de contacontos a cargo de Xosé A. Touriñán

A Santi todo lle sae mal. El procura comportarse coma os demais, ten ilusión por ir a  escola coma todo o mundo, por ter un traballo coma todo o mundo e casar con una rapaza coma todo o mundo, pero sempre  sucede algo que acaba deixándolle cara de parvo.
É certo que ten unha tendencia a estar sempre nas nubes. E ás veces queda parvo mirando a ningures. E pensa: “Que fago eu aquí........coma un imbécil”.
Así que un día decide mirar atrás na súa biografía para ver de buscarlle sentido ás cousas, e remóntase ao momento mesmo da súa concepción e aínda máis, cando só existían un espermatozoide algo parvo e un óvulo despistado, e comeza a fialo todo desde o principio ata o preciso momento no que llo conta ao público. 

Premio Max de Teatro 2003 ao mellor texto en lingua galega.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Concerto tributo 'Lembra Xabarín'
12 de abril, 17:30
Auditorio Municipal de Goián - Tomiño - Pontevedra
os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril, 18:00
Multiúsos da Xunqueira - Redondela - Pontevedra
Crisálida
12 de abril, 18:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
o_libro_da_selva
O libro da selva. O musical
12 de abril, 18:00
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo