Evento: Mostra itinerante Filgueira Valverde (1906-1996). Un faro na construción de Galicia

Mostra itinerante Filgueira Valverde (1906-1996). Un faro na construción de Galicia
sábado, 18 xullo, 2015 a luns, 3 agosto, 2015
Fundación Eduardo Pondal,
Ponteceso

Mostra itinerante Filgueira Valverde (1906-1996). Un faro na construción de Galicia

Achegamento á figura e á ampla actividade (docente, académica, cultural e política) do homenaxeado coas Letras Galegas 2015

A Xosé Filgueira Valverde (Pontevedra, 28 de outubro de 1906 – 13 de setembro de 1996) dedícaselle este ano o Día das Letras Galegas. Home de ampla formación, significouse tamén pola diversidade dos seus intereses intelectuais e a multiplicidade de actividades e iniciativas –docentes, académicas, culturais ou políticas– que puxo en marcha e impulsou.

A súa pegada, sexa a través das súas numerosas publicacións e intervencións públicas (cursos, conferencias, presentacións), sexa por medio das institucións e organismos, públicos e privados, que promoveu ou aos que estivo vinculado (Seminario de Estudos Galegos, Museo de Pontevedra, Instituto de Pontevedra, Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, Alcaldía de Pontevedra, Xunta de Galicia, Consello da Cultura Galega, etc.), permanece viva. Creador literario (de narrativa, teatro, e poesía), promotor e defensor do uso normal da lingua galega, en cuxa normativización tamén traballou intensamente desde moi novo, a súa elección como figura homenaxeada no Día das Letras Galegas do ano 2015 pola Real Academia Galega preséntase, pois, como unha excelente ocasión para achegarse á súa vida e á súa obra, unha e outra inseparables.

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona