Evento: Concerto de Mounqup

  • Mounqup
Concerto de Mounqup
venres, 20 novembro, 2015 - 22:00
A Arca da Noe,
Vilar de Santos

Concerto de Mounqup

Actuación da cantante autodidacta francesa

Mounqup é o proxecto en solitario da cantante autodidacta francesa Camille Hedouin que leva vivindo en Galicia desde fai 3 anos.
Camille empezou a cantar aos 13 anos escoitando ás súas cantantes favoritas, cantou en grupos de estilos moi diferentes (folk, jazz, metal, electrónica,...) ata chegar a Galicia onde empezou a xogar con máquinas de loops e samplers. 
Grava as súas composicións soa na casa co material que encontra e ofrece un directo onde constrúe as estructuras musicais dende cero. Os elementos que compoñen as cancións vanse sumando en forma de loops. Sobre estas bases creadas fronte ó público, voces e coros trasladan ao público desde o máis íntimo ó máis universal.

Máis eventos de tipo Concerto

Carlos Núñez
6 de xullo
Rúa de Sar
Concerto
6 de xullo
Praza do Concello
O rianxeiro
8 de xullo
Auditorio Municipal