Evento: Galicia, Biodiversidade

  • Cartel da exposición
Galicia, Biodiversidade
xoves, 29 outubro, 2015 a domingo, 15 novembro, 2015
Museo Ortegalia,
Ortigueira

Galicia, Biodiversidade

Exposición itinerante de divulgación científica cedida polo CEIDA

A biodiversidade é o resultado da evolución e adaptación das especies ás condicións ambientais nas que viven. En Galicia contamos con factores ambientais diversos que caracterizan as diferentes paisaxes do noso territorio - a climatoloxía, orografía, e hidroloxía - dando lugar a unha inxente variedade de ecosistemas: fondos mariños, litorais, marismas, bosques, matogueiras, ríos, regatos, montañas e paisaxes agrarias.
En Galicia existen unhas 20.000 especies animais e vexetais que aproveitan os recursos desta diversidade de hábitats. Entre estas especies destacan as máis ameazadas, debido á construción do seu territorio ou a sobreexplotación, e os endemismos, especies propias da nosa área xeográfica e que non se atopan noutro lugar do mundo.

A través desta exposición existe a posibilidade de coñecer a diversidade de especies animais e vexetais que se poden atopar en Galicia, os ecosistemas que habitan, e as múltiples formas de ameaza que poden afectar ás súas poboacións.
Nela atópanse as principais especies galegas de flora e fauna, as súas características, os factores que poñen en perigo a súa supervivencia e as ferramentas que existen hoxe en día para a súa protección. Tamén se poden coñecer a importancia que ten a conservación das variedades xenéticas para a actividade humana, por exemplo, na alimentación, grazas á cría e cultivo de variedades galegas de maior calidade.

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona