Evento: Arqueoloxía en Monodose

  • Arqueoloxía en monodose no Museo Arqueolóxico de Ourense
Arqueoloxía en Monodose
luns, 4 maio, 2026 - 19:30
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Arqueoloxía en Monodose

Conferencias sobre un momento histórico de transición

Tras a boa acollida deste ciclo nos meses anteriores, o MAPOUR continúa co ciclo de "Arqueoloxía en monodose", para descubrir novas propostas e coñecer mellor o noso patrimonio.

"Gallaecia, o reino suevo e Galicia", por Francisco Javier Pérez Rodríguez

"Presencia visigoda no arcebispado bracarense, o exemplo do alto Támega", por Víctor Rodríguez Muñiz.

Nesta ocasión, unha dobre conferencia abordará un periodo de transición de difícil estudio pero fascinante: Francisco Javier Pérez Rodríguez e Víctor Rodríguez Muñiz abordarán o período que sigue á romanidade ata a plena idade media e no que se configuran en Europa elementos que chegarán ata os nosos días. Tratarase de contextualizar o coñecemento histórico e arqueolóxico deste interesante momento da Historia de Galicia.

A conferencia terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense

 

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Toponimízate 2026
9 de maio
Escola do Campo de Combarro
Toponimízate 2026
15 de maio
Escolas Vellas
Toponimízate 2026
29 de maio
Casa da Cultura