Evento: Mitoloxía disidente. A caixa de Begoña
Mitoloxía disidente. A caixa de Begoña
sábado, 14 marzo, 2026 - 19:00
Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura,
Santiago de Compostela Mitoloxía disidente. A caixa de Begoña
Este espectáculo para conmemorar o Día da narración oral achega ao público a vida e a obra de Begoña Caamaño como unha homenaxe viva, revisitando os mitos que ela mesma reescribiu (Penélope, Circe, Morgana…) e engadindo sobre os que non tivo tempo de rematar (Sherezade). A través da palabra, confrontarase a versión tradicional deses mitos coa mirada da autora, ofrecendo outras lecturas posibles, máis xustas e máis libres.
Pandora cambiou o mundo movida pola súa curiosidade. Begoña Caamaño transformou o mundo que nos contaron imaxinando e reescribindo outros relatos. Porque mudar o relato é, tamén, unha forma de mudar o mundo



