Evento: Contamos contos de lobos

Contamos contos de lobos
venres, 27 marzo, 2026 - 18:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra

Contamos contos de lobos

Contamos Contos de Lobos? é un espectáculo no que a participación activa do público e unha alta porcentaxe de improvisación colectiva son os ingredientes fundamentais. Dúas personaxes, Mon e Pe, achéganse ao público para contar distintas historias populares onde hai lobos como protagonistas.

Facendo unha escolla “aleatoria” de propostas como Carapuchiña, Os tres porquiños, Pedro e o lobo, Os sete cabuxos… proporemos interpretar esas historias coa axuda das nenas e nenos do público. Ao participar na dramatización da peza, trabállanse valores como a escoita activa, a empatía, entender outros puntos de vista… e todo dun xeito lúdico e dende o teatro.

Ao facer os contos guiados, faise fincapé na importancia da colaboración de todas e todos para que funcione a historia e aprender dela as mensaxes que trasladan: axudar e cooperar como xeito de construír conxuntamente unha peza teatral.

Data e hora: 27 de marzo ás 18.00 h.

Público destinatario: familiar, a partir de 3 anos.

Sen inscrición previa, ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Imaxe
Extra!
4 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril
Multiúsos da Xunqueira
Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia