Evento: Mañás poéticas

  • Imaxe
Mañás poéticas
mércores, 25 marzo, 2026 - 10:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Mañás poéticas

Arredor da obra de Alejandra Pizarnik

Nova sesión das Mañás poéticas, unha lectura aberta e libre de textos de diferentes autoras e autores, que no mes de marzo adicamos á poeta Alejandra Pizarnik.

Filla dunha familia ruso-xudía, naceu en Buenos Aires o 29 de abril de 1936. Seu pai e súa nai tiñan 27 e 26 anos, respectivamente, e chegaran procedentes de París, depois de pasar unha tempada co tío paterno. Coa chegada do nazismo, desapareceu practicamente toda a familia. Só sobreviviron o tío co que estiveran en París e outra tía, irmá da nai, que se trasladara tamén a Buenos Aires. Tivo unha etapa infantil liberal, de acordo co ambiente familiar. Pasou polas aulas de Filosofía e de Xornalismo, na capital arxentina, onde o catedrático de Literatura Moderna, Juan Jacobo Barjalía, a anima a tentar unha carreira literaria. Por esas datas comeza a manifestar unha especie de fascinación pola morte, presente en toda a súa obra, e tamén entra en contacto co surrealismo, a través do pintor Batlle Planas.

Explora tamén o camiño de reporteira, con algún traballo realizado, pero deixa esta vocación por outros mundos que lle tiraban máis. Cunha saúde fráxil, pola súa condición de asmática, seu pai ofrécelle coidado. O seu negocio de xoieiro permitíalles vivir con desafogo e paga a publicación do seu primeiro libro, La última inocencia (1956), que aparece en Botella al Mar, do grande editor galego Arturo Cuadrado, na que tamén participaba Luís Seoane.Tamén lle paga as consultas psicolóxicas, coas que tentaba pór orde nunha mente desbocada.

Tentou un cambio de residencia e trasladouse a París, de 1960 a 1964, pero a súa insatisfacción crónica mantívose máis aló de calquera remedio que experimentase. En 1971 escríbelle unha carta ao seu grande amor, Sylvina Ocampo -que non respondeu-, na que fala de problemas respiratorios moi molestos e dunha potente sensación de proximidade coa morte, no plano anímico, no literario e quizais tamén no físico, que pode resumirse nestas dúas pasaxes da propia carta:

¿Por qué, Silvina adorada, cualquier mierda respira bien y yo me quedo encerrada y soy Fedra y soy Ana Frank?

Además la muerte tan cercana a mí (tan lozana!) me oprime. (…) Sylvette, no es una calentura, es un re-conocimiento infinito de que sos maravillosa, genial y adorable.

Outra relación importante na súa vida mantívoa coa poeta Olga Orozco, que lle dedicou o poema “Pavana del hoy para una infanta difunta que amo y lloro”.

Na sala de traballo A do terceiro andar. A entrada é libre ata un máximo de 15 participantes.

Máis eventos do ciclo Día da poesía

Que como o sol sexa o meu verso
16 de marzo, 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña
Imaxe
A poesía tamén conta
21 de marzo, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña