Evento: Que como o sol sexa o meu verso

Que como o sol sexa o meu verso
luns, 16 marzo, 2026 - 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Que como o sol sexa o meu verso

Obradoiro de creación poética da man de Apiario

Celebramos o Día da Poesía co obradoiro de creación poética Que como o sol sexa o meu verso da man de Apiario. Que como o sol sexa o meu verso son palabras do poeta Miguel Hernández e con elas poñemos nome a este obradoiro. Unha proposta na que converxen o descubrimento do poético e da experiencia literaria a través da lectura activa, o comentario en grupo e unha proposta práctica para a escrita.

Nas súas tres horas de duración atravesaremos unha unidade de lectura especificamente deseñada para mergullar no extraordinario, no efémero, no misterio, no arroubo e sucar o emoción, o silencio, os ocos, a memoria. Pezas angulares e ferramentas que nos leven á escritura, mais tamén a ampliar a capacidade lectora e crítica. Alimentarse na fascinación que provoca a palabra. 

Apiario é un proxecto literario onde se tecen obradoiros de escrita e cursos de formación cun selo editorial independente. Factoría onde esmelgar ao redor da palabra. Laboratorio que deseña contextos para a creación. 

No salón de actos. Para 15 persoas adultas. Inscrición a través do seguinte formulario: https://bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/formulario-de-inscricion-no-obradoiro-de-creacion-poetica-que-como-o-sol-sexa-o-meu-verso-da-man-de-apiario

 

 

 

Máis eventos de tipo Obradoiro

MIES É +. Talleres experimentais de arquitectura contemporánea 2026
31 de xaneiro a 31 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiros Creativos
31 de xaneiro a 16 de maio
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Booktrailer
17 de abril
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia. Perfumes
Perfumes da natureza
18 de abril
Museo Etnolóxico de Ribadavia