Evento: Redescubrindo Ourense: Cárceres
Redescubrindo Ourense: Cárceres
Redescubrindo Ourense: Cárceres
Roteiro guiado
Percorreremos lugares emblemáticos de Ourense e coñeceremos máis da súa historia: As Mercedes, Praza de liberdade e lembraremos a figura de Concepción Arenal (Ferrol, 31 de xaneiro de 1820 – Vigo, 4 de febreiro de 1893).
O punto de encontro para este roteiro será a Fonte de Bispo Cesáreo na Alameda de arriba ás 11.30h
As inscricións poden facerse dende o venres 20 de febreiro ben presencialmente ou chamando aos números de teléfono 988 788385/386


