Evento: O libro da selva. O musical

  • o_libro_da_selva
O libro da selva. O musical
domingo, 15 marzo, 2026 - 18:00
Auditorio Municipal ,
O Grove

O libro da selva. O musical

Un espectáculo de teatro musical a cargo de Ártika Cía

A historia clásica de Rudyard Kipling revive en galego nun gran musical para toda a familia. Ártika Cía convídanos a entrar nunha selva moi especial: unha cidade chea de animais, gobernada polo implacable Sherekhan.

Mowgli chega a este novo mundo e terá que aprender as súas regras para poder convivir cos seus habitantes. Mais… Conseguirá convencer a Sherekhan de que o deixe quedar?

Música en directo, voces que emocionan e unha posta en escena chea de enerxía dan vida a un dos poucos musicais de gran formato creados integramente en galego. Un espectáculo único, vibrante e cheo de maxia, pensado para a infancia… E para todas as familias que queiran deixarse levar pola forza da aventura.

 

Ficha artística

Autoría: Adaptación do conto tradicional de Kipling levado a musical por Ártika Cía

Dirección: Marcos Alonso

Escenografía: Gustavo Brito

Deseño son: Anxo Fernández

Deseño iluminación e música: Anxo Fernández

Vestiario: Gustavo Brito

Coreografía: Rocío Salgado

Elenco artístico: Yoel Alonso, Fernanda Barrio Barcala, Irene Lorenzo Rei, Marcos Alonso, Rocío Salgado

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

MR.BO El niño que nunca escuchó un ¡NO!
3 de maio, 18:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Guerra
Guerra
3 de maio, 19:00
Casa da cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña
Cortello de Amor
7 de maio, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Iribarne
Iribarne
8 de maio, 20:00
Teatro Principal - A Estrada - Pontevedra