Evento: Canto conto! 

  • canto conto
Canto conto! 
domingo, 22 marzo, 2026 - 18:00
Auditorio Municipal,
Vigo
Un espectáculo para toda a familia a cargo de Limiar Teatro

CANTO CONTO! é un emocionante espectáculo que nos mergulla nunha viaxe chea de música, risas e sorpresas. Acompaña a dous recolledores de lixo na súa aventura polo fascinante mundo da reciclaxe e a sustentabilidade.

Nesta historia, os nosos protagonistas exploran xeitos de reciclar, mostran os distintos tipos de contaminación existentes e propoñen solucións ante isto.

Goza aprendendo a través de diversos xéneros musicais, desde o rock and roll ata o rap, pasando pola salsa ou o funky. Pero, ollo, non só se trata de música, hai moito máis! Exploraremos temas como a igualdade, a diversidade, o ecoloxismo e a importancia de traballar xuntos para acadar un futuro mais sostible.

O mellor de todo é que ti, o noso querido público, serás parte activa desta viaxe.

Rirás, cantarás, bailarás e aprenderás dunha maneira divertida e lúdica. En CANTO CONTO! o xogo co público é fundamental.

Únete a nós nesta emocionante travesía cara a un mundo mais ecolóxico e consciente!

 

Ficha artística

Autoría e dirección: Iván Davila y Brais Iriarte

Escenografía e iluminación: Noa Iriarte

Deseño son e música: Brais Iriarte

Vestiario: Limiar Teatro

Elenco artístico: Iván López e Brais Iriarte

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

O autoestopista intergaláctico
3 de abril, 16:45
Centro Cultural Avenida - A Rúa - Ourense
pum_pum_quen_hai
Pum Pum, quen hai?
9 de abril, 10:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
pum_pum_quen_hai
Pum Pum, quen hai?
9 de abril, 12:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
alta_costura
Alta costura
9 de abril, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo