Evento: Lumiero
Lumiero
Un espectáculo visual e musical a cargo de La Menuda Produccións
LUMIERO é un espectáculo visual e musical para a primeira infancia. O seu protagonista, Lumiero, protagonizado polo pallaso Pere Hosta, vive rodeado de luceciñas e sombras que cobran vida. Xunto á súa filla Lumina, exploran un mundo tenro onde os obxectos brillan e a música acompaña cada movemento. Sons creados con instrumentos, xoguetes e dispositivos que xeran unha atmosfera máxica e tranquila.
LUMIERO é unha homenaxe á luz, a música, a imaxinación e o bo humor.
Un espectáculo entrañable, onde a luz xoga a ser un conto, e o conto convértese en realidade.
Benvidas e benvidos ao Universo Lumiero.
Idade recomendada: a partir de 1 ano
Duración: 40 min
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios
12 de abril, 17:30
Auditorio Municipal de Goián - Tomiño - Pontevedra
12 de abril, 18:00
Multiúsos da Xunqueira - Redondela - Pontevedra
12 de abril, 18:00
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
