Evento: Falade galego, rapazada... É unha pasada!

  • falade_galego
Falade galego, rapazada... É unha pasada!
domingo, 8 marzo, 2026 - 19:00
Auditorio Lois Tobío,
Gondomar

Falade galego, rapazada... É unha pasada!

Monólogo humorístico de Pepo Suevos.

A ninguén lle escapan todos os problemas que están a ter as diferentes linguas para convivir nun mesmo entorno (sexa xeográfico, social, laboral...). Nalgúns casos incluso é complicada a mera subsistencia desas linguas "minoritarias", arrinconadas por políticas opresoras e costumes marxinadores. E por desgraza, o galego non se atopa nunha situación moito mellor. Aínda que vai tendo o seu oco en determinados eidos, como pode ser o cultural ou determinados medios de comunicación, precisa dun empurrón que o sitúe no nivel que merece. E isto, como outras moitas cousas, só se pode facer traballando desde a base. Todo se soluciona cunha educación axeitada, e a educación ten o seu maior impacto nos primeiros anos dos individuos. Polo tanto, é básico conseguir que as novas xeracións, a xuventude, exerza como valedor do noso idioma.

Pepo Suevos é natural de Ferrol, e alí nos anos 70 o galego tiña unha presenza case anecdótica. Como di el moitas veces, co galego pasoulle o mesmo que cos pementos de Padrón: probounos demasiado tarde, e agora non da recuperados todos os anos que pasou sen gozar de tan prezado manxar. E para intentar evitar que isto lle pase a máis xente, decide montar un espectáculo demoledor, aínda que sempre desde a óptica da comedia, no que non deixa dúbidas de que o galego é unha das mellores armas que temos para camiñar pola vida. E que como todas as armas, hai que saber manexar canto antes, non vaia ser que nos manquemos con ela, ou non a utilicemos con destreza cando sexa necesario.

Descargas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

pum_pum_quen_hai
Pum Pum, quen hai?
9 de abril, 10:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
pum_pum_quen_hai
Pum Pum, quen hai?
9 de abril, 12:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
alta_costura
Alta costura
9 de abril, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
La desconquista
La desconquista
10 de abril, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra