Evento: Naves misteriosas

Naves misteriosas
mércores, 4 febreiro, 2026 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Naves misteriosas

Douglas Trumbull, 1972

Un científico mantén nunha nave espacial un conxunto de espécimes de flora e fauna que funcionan como unha sorte de Arca de Noé logo de que a vida na Terra sexa xa só artificial e esas especies se extinguiran. Cando recibe ordes de destruír o bosque, a súa negativa enfróntao cos demais membros da tripulación.

Clásico do xénero de ciencia-ficción. Amais dunha mensaxe ecoloxista adiantada ao seu tempo, Naves misteriosas conta cuns magníficos efectos especiais. Un dos dous únicos filmes que dirixiu Douglas Trumbull, especialista nesta área, responsable das trucaxes visuais en fitas como 2001: una odisea del espacio (1968) ou Blade Runner (1982).

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Blue Moon
31 de marzo
Filmoteca de Galicia
El dios de la peste
31 de marzo
Filmoteca de Galicia
El dios de la peste
1 de abril
Filmoteca de Galicia
Casablanca
1 de abril
Filmoteca de Galicia