Evento: A vida nun lapis

  • Cartel obradoiro A vida nun lapis
A vida nun lapis
sábado, 31 xaneiro, 2026 - 17:30
Biblioteca de Galicia,
Santiago de Compostela

A vida nun lapis

Obradoiro de ilustración para rapazada entre 8 e 12 anos

Este ano 2026, o Día da Ilustración celebra a creatividade e o humor de Siro López, un dos caricaturistas máis recoñecidos da nosa Comunidade. Para festexar a súa obra, a cativada poderá participar neste obradoiro no que collerán lapis e cores, deixarán voar a imaxinación e descubrirán que debuxar tamén pode ser un xogo cheo de diversión.
Esta proposta achegará aos nenos e nenas á obra de Siro para coñecer de preto o seu estilo e a súa maneira de entender a ilustración. A partir das súas referencias, traballarase na creación de ilustracións propias inspiradas no seu universo creativo, experimentando con técnicas e estilos diversos e animando a perder o medo a probar cousas novas.
O obradoiro estará impartido por Yago García, ilustrador e psicólogo de formación, unha formación pouco habitual que o levou a entender o debuxo como algo máis ca unha disciplina artística: unha forma de pensar e expresare. Desde hai máis de dez anos, compaxina o seu labor profesional coa realización de obradoiros de debuxo, creatividade e cómic, nos que anima a nenos, mozos e persoas adultas a soltarse, divertirse e perder o medo á páxina en branco.
De balde, precisa inscrición na web

Máis eventos de tipo Obradoiro

MIES É +. Talleres experimentais de arquitectura contemporánea 2026
31 de xaneiro a 31 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiros Creativos
31 de xaneiro a 16 de maio
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Unha eiruga moi especial
20 de febreiro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Rosalía
21 de febreiro
Biblioteca Pública de Ourense