Evento: Sés

Sés
sábado, 7 febreiro, 2026 - 20:00
Pazo da Cultura,
Narón
Concerto de presentación do disco 'Nadando na incerteza'

SÉS, unha das voces máis singulares e recoñecibles da música galega contemporánea, publica o seu novo traballo discográfico, o libro disco Nadando na incerteza. Con máis dunha década de carreira marcada pola independencia creativa e a fidelidade absoluta á canción, a artista coruñesa reafírmase cun proxecto no que volve asumir todas as facetas: compón, produce, grava e supervisa cada detalle do proceso.

Con nove discos en catorce anos, a súa carreira está marcada pola capacidade produtiva, a independencia creativa e a construción dunha sonoridade propia que medrou disco a disco. Nadando na incerteza marca unha nova etapa na súa traxectoria e amosa a madurez dunha creadora diferente, allea a modas e estereotipos.

Este novo libro disco, que verá a luz o 28 de novembro, preséntase como unha obra acústica, íntima e fundacional. A canción sitúase no centro, sen sobreproducións nin artificios: non hai batería, as voces respiran tranquilas e cada tema foi concibido para sosterse de seu, coa palabra e a melodía como eixos principais.

En Nadando na incerteza, Sés ofrece un traballo no que todo está posto ao servizo do tema, nun exercicio de artesanía e autenticidade que reivindica a súa condición de cantora e facedora de cancións: “non son cantante, son cantora; necesito identificarme co que canto”.

Neste novo traballo conformado por 12 cancións, Sés controla todos os procesos creativos, desde a composición ata a gravación, produción e a mestura, consolidándose como unha das voces máis persoais e independentes da música galega contemporánea. 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

o_libro_da_selva
O libro da selva. O musical
28 de marzo, 18:00
Teatro da Beneficencia - Ortigueira - A Coruña
Berenguela na gaiola
BERENGUELA NA GAIOLA
28 de marzo, 18:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
Mago Teto
Galerock & Magic
28 de marzo, 18:00
Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil - Muros - A Coruña
o profesor bromera
El Profesor Bromera
28 de marzo, 19:00
Auditorio Baldomero Cores - Cee - A Coruña