Evento: Hexagonum

  • Hexagonum
Hexagonum
martes, 17 febreiro, 2026 - 19:00
Multiusos da Xunqueira,
Redondela
Espectáculo de rúa de Troula Animación

HEXAGONUM é un espectáculo escénico de rúa de gran formato creado e dirixido por Troula Animación que mestura o emprego da tecnoloxía, música e vídeo en directo, animación e danza. De caráter itinerante, HEXAGONUM recolle o universo simbólico e imaxinario do mundo das abellas para concienciar ao público a través das artes de rúa sobre a problemática causada pola posible desaparición destes animais que implicaría a destrución do noso planeta tal e como o coñecemos. É por tanto, un espectáculo que pon o foco na falta de conciencia ecolóxica que vivimos hoxe en día. 

 

Ficha artística

Autor: Diego Roca Fernández

Dirección e coreografía: Marta Pérez

Adaptación: Diego Roca Fernández

Escenografía e vestiario: Gustavo Suasnavar e Cristina Pino

Música e deseño son: Jorge Guerra e Iago Abalde

Deseño iluminación: Diego Roca

Elenco artístico: Leonor Sangabriel, Celia Sánchez, Borja José López, Sergio Domínguez, Marta Pérez, Andrea Blanco, Iago Abalde, Jorge Guerra, Ana Shi Yu, Juan González, Diego Roca, José Luis Avión

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Maxia sen trucos
11 de agosto, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
Del jazzmín al jazz
12 de agosto, 21:30
Auditorio Baldomero Cores - Cee - A Coruña
Ye-Yé. Strad el violinista rebelde
16 de agosto, 23:00
Centro Cultural Avenida - A Rúa - Ourense
Coa cabeza nas nubes
18 de agosto, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo