Evento: El mal de l'amor. O cancioneiro de Gustavo Durán

  • Samuel Diz e Jonatan Alvarado
El mal de l'amor. O cancioneiro de Gustavo Durán
venres, 13 febreiro, 2026 - 21:00
Teatro Municipal de Tui,
Tui

El mal de l'amor. O cancioneiro de Gustavo Durán

Un concerto a cargo de Samuel Diz e Jonatan Alvarado

Gustavo Durán é unha das figuras máis enigmáticas do século pasado. Nado en Barcelona en 1906, formouse como pianista, compositor e pioneiro da etnomusicoloxía, moveuse nos círculos de Lorca, Rosita García Ascot, Salvador Dalí, Luis Buñuel, Concha Méndez ou Sofía Novoa. Durante a Guerra Civil, serviu como comandante no Exército Republicano antes de que o exilio o obrigase a abandonar España en 1939 —sen chegar a regresar nunca. A súa viaxe extraordinaria levouno a facerse amigo de Hemingway, a ser obxectivo do macarthismo, e mesmo a levar auga potable a unha pequena vila grega, onde está enterrado como heroe local.

O guitarrista e investigador tudense Samuel Diz, un dos principais expertos na música da Xeración do 27’ e do exilio, únese ao tenor arxentino Jonatan Alvarado. Xuntos dan vida a tres cancioneiros que Durán recompilou entre 1944 e 1963 —unha escolma de cancións que interpretaba e cantaba nos seus numerosos fogares nas Américas, desde melodías cortesás españolas do século XVI ata yaravíes peruanos modernos, extraídos dunha variedade de fontes abraiante que revelan tamén a admiración de Durán polos textos medievais, en especial as cantigas galaico – portuguesas como Eno sagrado, en Vigo, de Martín Codax, musicada dende unha perspectiva contemporánea que convida aos ritmos caribeños.

Un repertorio moi descoñecido e en gran parte inédito que configura o disco El mal de l’amor, gravado en Dartington Hall en abril de 2025, baixo a produción de Lucy Durán, unha das produtoras máis recoñecidas do ámbito da world music e filla pequena do compositor.

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

habana_cafe_son
Habana Café Son
19 de marzo, 18:30
Centro Cultural Avenida - A Rúa - Ourense
Concerto tributo 'Lembra Xabarín'
20 de marzo, 18:30
Auditorio do Pazo da Cultura - Pontevedra - Pontevedra
artur-ui-ou-ovo-dá-serpe
Artur Ui, o ovo da serpe
20 de marzo, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
Ictus
Ictus (Anatomía de 'A derradeira leición' de Castelao)
20 de marzo, 20:30
Teatro Rosalía Castro - A Coruña - A Coruña