Evento: Brazaletes

  • Brazaletes
Brazaletes
venres, 6 febreiro, 2026 - 20:00
Auditorio Municipal,
Vigo
Un espectáculo teatral de Amorodio Teatro

28 de setembro de 1975. Campos de Sport de El Sardinero. Domingo de partido. O Racing de Santander recibe ao Elche na xornada catro do campionato de Primeira División. O colexiado asubía e o encontro dá comezo. Sobre o céspede, o xogo discorre con absoluta normalidade, mais un murmurio agroma na grada cada vez que os xogadores locais Aitor Agirre e Sergio Manzanera tocan o balón. Nas mangas branquiverdes das súas camisas, o dianteiro centro e o extremo racinguistas levan dous cordóns negros a modo de brazaletes. Eles dous foron as únicas persoas, das miles que estaban aquela tarde no estadio santanderino, que, con ese pequeno xesto, se atreveron a desafiar a unha ditadura agonizante e a protestar contra os derradeiros fusilamentos do réxime franquista.

BRAZALETES, a nova produción de Amorodio Teatro, toma a acción simbólica de Agirre e Manzanera para vertebrar un espectáculo sobre futbolistas comprometidos en «la noche más larga» da historia da humanidade, como cantou Luis Eduardo Aute. Xogadores galegos coma Bebel García, o capitán do Dépor fusilado ao inicio da Guerra Civil, e internacionais coma Sócrates, a estrela do Corinthians e da Canarinha durante a ditadura militar en Brasil, soben ás táboas nesta montaxe unipersoal de Javier Castiñeira que busca cuestionar as políticas machistas, corruptas e violentamente capitalistas do chamado «deporte rei». Porque, como escribiu Eduardo Galeano, «por suerte, todavía aparece en las canchas, aunque sea muy de vez en cuando, algún descarado carasucia que se sale del libreto y comete el disparate de gambetear a todo el equipo rival, y al juez, y al público de las tribunas, por el puro goce del cuerpo que se lanza a la prohibida aventura de la libertad».

 

Ficha artística

Autor: Ernesto Is

Dirección: Santiago Cortegoso

Escenografía: Amorodio Teatro

Deseño son: Vazone

Deseño iluminación: Violeta Martínez

Vestiario: Carmen García

Coreografía: Inés Santos

Elenco artístico: Javier Castiñeira

 

Venda de entradas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

pum_pum_quen_hai
Pum Pum, quen hai?
9 de abril, 10:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
pum_pum_quen_hai
Pum Pum, quen hai?
9 de abril, 12:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
alta_costura
Alta costura
9 de abril, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
La desconquista
La desconquista
10 de abril, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra