Evento: Boa sorte, mala fama

  • Boa sorte, mala fama
Boa sorte, mala fama
venres, 27 febreiro, 2026 - 21:00
Teatro Lauro Olmo,
O Barco de Valdeorras
Espectáculo teatral a cargo de Tarabela Creativa

Sempre se soubo, claro está, que as anduriñas son aves de bo agoiro, que alí onde aniñan traen fortuna, que anuncian a primavera e que os mariñeiros as tatuaban na pel por cada travesía da que lograban retornar. Pouco se fala, en cambio, do molestas que se lle fan a moita xente co seu canto agudo e de que enchen todo de excrementos. Por iso estas aves dan boa sorte, pero teñen mala fama. Ningún outro animal se parece tanto aos emigrantes galegos: estamos en cada continente, vivimos facendo colonias, temos na cabeza o camiño de volta a casa e marchamos por necesidade. E, igual que as anduriñas, gañamos mala fama, aló onde fomos buscar a nosa boa sorte. Este espectáculo nace da necesidade de contar, precisamente, aquilo do que pouco se fala. 

 

Ficha artística

Autora: Carmen Conde

Dirección: Carmen Conde

Escenografía: Bieito INC

Deseño son: Ezequiel Orol

Deseño iluminación: Diego Gallego

Vestiario: Los alfileres de Elia

Música: Nastasia Zürcher

Coreografía: Lola Saltatore

Elenco artístico: Carmen Conde (narración oral), Mariña Pena (elenco), Nastasia Zürcher (música ao vivo)

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Ictus
Ictus (Anatomía de 'A derradeira leición' de Castelao)
16 de abril, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Dedín, dedín, dedal
17 de abril, 20:00
Centro Social de Abanqueiro - Boiro - A Coruña
Bio construción
Bio construción
17 de abril, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
Ictus
Ictus (Anatomía de 'A derradeira leición' de Castelao)
17 de abril, 20:00
Teatro Principal - Ourense - Ourense