Evento: Bailar agora

  • bailar agora
Bailar agora
sábado, 28 febreiro, 2026 - 20:00
Auditorio da Casa da Cultura,
Outes
Espectáculo de danza a cargo de Marta Alonso Tejada

BAILAR AGORA é unha sorte de imperativo cara a un posicionamiento no presente, social e persoal, a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual das cousas, con plena consciencia sobre o que estamos a facer e cómo estamos a vivir o aquí e o agora. A proposta sobre como facelo é clara: Bailando.  

Nun mundo en constante precipitación, o tempo esgótasenos proxectándonos nun futuro que nunca chega. BAILAR AGORA propón unha atención no presente e no concreto, na carne e no movemento, no movemento que é pensamento,  investigando unha linguaxe humorística e crítica a través do movemento e a través dunha proposta escénica de danza moi física.    

BAILAR AGORA pon en contacto á bailarina e creadora Marta Alonso Tejada coa bailarina e directora internacional Victoria P. Miranda.

Ficha artística

Autoría: Victoria P. Miranda, Pablo Reboleiro e Marta Alonso Tejada

Dirección: Marta Alonso Tejada

Escenografía: Laura Iturralde e Marta Alonso Tejada

Deseño iluminación: Laura Iturralde

Vestiario: Uxía P. Vaello

Coreografía: Victoria P. Miranda

Elenco artístico: Marta Alonso Tejada

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

pum_pum_quen_hai
Pum Pum, quen hai?
9 de abril, 10:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
pum_pum_quen_hai
Pum Pum, quen hai?
9 de abril, 12:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
alta_costura
Alta costura
9 de abril, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
La desconquista
La desconquista
10 de abril, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra