Evento: Memorias dun neno labrego

  • Memorias dun neno labrador
Memorias dun neno labrego
venres, 23 xaneiro, 2026 - 18:00
Salón Teatro,
Santiago de Compostela

Memorias dun neno labrego

Unha produción do Centro Dramático Galego e Contraproducións

Nova versión teatral sobre o libro de Xosé Neira Vilas no X aniversario da súa morte. Dirección e dramaturxia a cargo de Cándido Pazó.

Balbino é un neno de aldea, fillo de labradores pobres, que crece nun mundo de silencios, traballo e obediencia. Este espectáculo, segue a súa voz sincera e sensible a través dunha serie de recordos que van desde a tenrura da infancia ata a crúa conciencia das desigualdades, dando vida aos episodios máis representativos da novela de Neira Vilas: os malos tratos escolares, a perda do amigo ou dun animal querido, a frustración do primeiro amor, a dureza do traballo, a emigración, a represión da expresión, e a tristeza de sentirse diferente nun mundo que non admite preguntas; pero tamén os costumes e celebracións festivas da aldea, e as esperanzas e alegrías que, a pesar de todo, ofrece a vida.

A memoria persoal de Balbino como representación da memoria colectiva dunha Galicia rural que se foi diluíndo ou transformando, constrúen esta peza que pon en primeiro termo a emoción, pero tamén o humor e a relación directa co público.

Equipo artístico:
Texto teatral e dirección escénica: Cándido Pazó
Escenografía e atrezo: Pablo Giráldez "O Pastor"
Vestiario: Martina Cambeiro
Música: Xosé Lois Romero
Iluminación: Afonso Castro
Axudantía de dirección: Belén Pichel

Elenco:
Xúlio Abonjo
Santi Romay
Manuel Cortés
Federico Pérez Rey
Iris Darriba
Mónica García
Ana Santos

Entradas á venda en ataquilla.com.

 

Outras datas

Máis eventos de tipo Espectáculo

tÁ
7 de febreiro
Teatro Pastor Díaz
tÁ
8 de febreiro
Pazo da Cultura
Brincadeiras da lingua
14 de febreiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Ramona Órbita, a dona do tempo
14 de febreiro
Biblioteca Pública de Lugo