Evento: Yo sólo quiero irme a Francia

  • YO SOLO QUIERO IRME A FRANCIA
Yo sólo quiero irme a Francia
xoves, 29 xaneiro, 2026 - 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire,
Lugo

Yo sólo quiero irme a Francia

Espectáculo teatral a cargo de Contraproducións

Canto pesan as herdanzas emocionais, esas que ninguén reclama, pero que adoecen a xeracións? Inés asiste ao velorio de Pilar, quen decide deixarlle a súa casa en herdanza sen tela coñecido nunca e sen avisar á súa neta. Xuntas descubrirán un pasado que descoñecían, abrindo vellas feridas familiares que se remontan á infancia de Pilar durante os últimos meses da Guerra Civil e á súa mocidade.

Herdanzas similares acompañan as catro personaxes desta obra. Pilar, unha anciá que só é capaz de enfrontarse á vida no seu propio velorio. Marisol, que foxe para atopar un lugar onde librarse da culpa. Leo, que viaxa polo mundo escapando do desexo de ter un fogar. Inés, quen, na súa obsesión por indagar no pasado, espera entenderse a si mesma. En realidade, todas elas buscan ese lugar que imaxinan. Algúns chamámolo liberdade. Outros o chamárono Francia.

Este é o debut como directora de Elisabeth Larena, autora tamén do texto, á que, durante a súa escritura, acompañaron as súas memorias, que non foron vividas por ela, senón pola súa avoa.

O espectáculo está protagonizado por María Galiana, grandísima actriz de cine e de teatro, gañadora dos máis importantes premios como o Goya ou Mérito a las Bellas Artes do Ministerio de Cultura. Xunto a ela, subiranse ás táboas Nieves de Medina, Anna Mayo e a galega Alicia Armenteros.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Absurdia
11 de abril, 18:00
Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil - Muros - A Coruña
Con lingua propia
11 de abril, 18:00
Auditorio Municipal Manuel María - O Carballiño - Ourense
Sabes que las flores de plástico nunca han vivido, ¿verdad?
11 de abril, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
Berenguela na gaiola
BERENGUELA NA GAIOLA
11 de abril, 20:00
Auditorio Municipal - Cedeira - A Coruña