Evento: Amalia y el río, historia de una estraperlista

  • Amalia y el río
Amalia y el río, historia de una estraperlista
venres, 16 xaneiro, 2026 - 20:30
Auditorio do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía,
Arteixo

Amalia y el río, historia de una estraperlista

Un espectáculo de Teatro Guirigai

Baseada en feitos reais, esta é a historia de Antonia “A Lirina” veciña de Olivenza. Sucede na fronteira estremeña con Portugal, entre Olivenza e Badaxoz, durante os anos 1942 e 1964. Un retrinco vivo das historias do contrabando en España, protagonizado por unha muller forte, intelixente, socarrona e astuta que pelexou por manter a súa dignidade e o seu dereito de traballo nun mundo profundamente machista.

No escenario dous personaxes: Amalia que transita entre o presente e o pasado revivindo a súa vida e o Home de Pedra, que xorde dos recordos da protagonista, representa o poder patriarcal, a masculinidade. Crea atmosferas, rumorea, cantaruxa, dialoga con Amalia.

 

Autoría e dirección: Agustín Iglesias Xato

Intérpretes:

Magda Gª-Arenal | Amalia

Cándido Gómez | Home de Pedra

Escenografía: Marcelino de Santiago Kukas

Vestiario: Luisa Santos

Música: Irma Catalina Álvarez

Iluminación: Lucía Alvarado

Son: Félix Valverde

 

Outras datas

Máis eventos de tipo Espectáculo

Circonove
31 de decembro
Casa da Cultura. Circanelo, con Alfredo Pérez Muiño
Ecoralia, a lambona ecolóxica
10 de xaneiro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A maxia dos libros
24 de xaneiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Periplo atlántico
30 de xaneiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés