Evento: Manuel Chamoso Lamas na mirada

  • Exposición sobre Chamoso Lamas no Museo Etnolóxico de Ribadavia
  • Exposición sobre Chamoso Lamas no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Manuel Chamoso Lamas na mirada
venres, 26 decembro, 2025 a martes, 31 marzo, 2026
Museo Etnolóxico de Ribadavia,
Ribadavia

Manuel Chamoso Lamas na mirada

Homenaxe a Chamoso a través da súa actividade e o compromiso co patrimonio e as terras ourensás.

A mostra está composta por fotografías antigas e actuais de escavacións arqueolóxicas, monumentos e lugares que conforman unha boa parte do patrimonio cultural das comarcas do Ribeiro e do Carballiño, e no que Manuel Chamoso Lamas tivo unha intervención decisiva.

Este proxecto é o froito dun modelo de colaboración entre dúas institucións, o IES Manuel Chamoso Lamas e o Centro de Estudo Chamoso Lamas co obxectivo común de por en valor a figura de Manuel Chamoso Lamas. Chamoso representa para as terras do Carballiño e o Ribeiro un deses intelectuais sobranceiros cuxo pouso histórico, dende a discreción, sempre estará presente. A súa proxección como home de acción cultural acadaría unha merecida sona nuns tempos verdadeiramente difíciles nos que se rescataron moitos daqueles vestixios que os nosos devanceiros nos legaron.

O alumnado participante de 3º da ESO no Plan Proxecta: Fotografía en Curso do período académico 2023-2024 estivo traballando durante todo o ano en revisionar e reinterpretar coa súa mirada as fotografías realizadas por Manuel Chamoso e elixir os espazos nos que traballar para levar a cabo o seu propio proxecto fotográfico. A elaboración desta mostra contou coa colaboración e asesoramento de Xosé Luis Sobrado do Centro de Estudo Chamoso Lamas, así como da filla e a neta de Chamoso, e do Club de lectura "coñecendo a Manuel Chamoso Lamas" formado por alumnado de Bacharelato e do Ciclo Superior de Administrativo.

Máis eventos de tipo Exposición

Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Icono Encarnado
12 de setembro a 10 de febreiro
Rúa de San Pedro