Evento: Observación do ceo nocturno con telescopio
Observación do ceo nocturno con telescopio
venres, 23 xaneiro, 2026 - 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Observación do ceo nocturno con telescopio
A cargo do Observatorio Astronómico Ramón María Aller
Observación do ceo nocturno con telescopio realizado polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela (se as condicións meteorolóxicas non acompañan, trasladarase a outro día). A actividade iniciarase ás 19.00h no salón de actos cunha breve explicación sobre o que as persoas participantes van poder avistar. A continuación, iniciarase no exterior da biblioteca a observación dos astros a través do telescopio, cunha duración aproximada dunha hora.
As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade. O número máximo de participantes é de 25.



