Evento: Saaabor de Nadal!

Saaabor de Nadal!
luns, 29 decembro, 2025 - 20:00
salón de actos do CEIP Manuel Cordo Boullosa,
Moraña

Saaabor de Nadal!

Comedia de Culturactiva Producións

Velaquí unha comedia de Culturactiva Producións para todos os públicos dirixida por Avelino González, interpretada por Félix Rodríguez e Fran Rei e con escenografía de Kukas. Trátase dunha peza que mestura música, maxia, humor, moito ritmo e participación do público, co universo da gastronomía e das festas de Nadal de fondo.

Os protagonistas desta peza familiar son dous recoñecidos cociñeiros que nos ofrecen un delicioso, exquisito, gorentoso, equilibrado e, sobre todo, afinado menú do día. En Saaabor de Nadal! estará presente a cociña propia destas datas, pero sen que se perda a filosofía de menús sinxelos e accesibles para todos os públicos, ademais do consumo responsable, a alimentación saudable e o comercio de proximidade. No repertorio musical da carta teñen cabida desde coñecidas panxoliñas ata a popular Marcha Radetzky de Johann Straus.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Nadal en Rede

Retrincos de Castelao
6 de decembro, 18:00
Auditorio Municipal - Salceda de Caselas - Pontevedra
Contar
14 de decembro, 18:00
Centro Sociocultural - Bóveda - Lugo
Solsticio de inverno
14 de decembro, 19:30
Praza de San Xoán - Ribadavia - Ourense
Ecoralia
18 de decembro, 18:00
Auditorio Xosé Casal - Vila de Cruces - Pontevedra