Evento: Mesa redonda: ‘A crítica de cinema en galego’

Mesa redonda: ‘A crítica de cinema en galego’
xoves, 4 decembro, 2025 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Mesa redonda: ‘A crítica de cinema en galego’

VV.AA., 2025

Nun momento no que a crítica cinematográfica atravesa transformacións profundas, esta mesa propón un espazo para reflexionar sobre o lugar que ocupa a crítica en galego e sobre como se relaciona co ecosistema audiovisual actual. O encontro estará centrado en analizar o estado da crítica desde perspectivas complementarias (os festivais, a produción, a academia…), representadas por perfís que, ao longo destes quince anos, acompañaron e apoiaron de maneira decisiva a evolución e o traballo de A Cuarta Parede. Participarán Beli Martínez (profesora da UVigo e produtora), Marta Pérez (profesora da USC e membro do Consello de Redacción de A Cuarta Parede) e Ángel Sánchez (director do festival Play-Doc), e estará moderada por Brais Romero, exdirector da revista.

Sesión de curtametraxes galegas
3 de decembro, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
Vikingland
4 de decembro, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña