Evento: Contos na hora vintecinco
Contos na hora vintecinco
martes, 2 decembro, 2025 a sábado, 10 xaneiro, 2026
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Contos na hora vintecinco
Mostra bibliográfica
Di Cunqueiro “que hai momentos na historia da humanidade en que a terra deixa, por unhas horas ou uns meses, de pertencer aos homes. Esas horas ou eses meses que se chaman a hora vintecinco”. Son os trece días que hai entre Nadal e Reis, un tempo reservado pola tradición para conmemorar o final dun ano e o comezo doutro novo.
Presentámosvos estas historias para que gocedes deste tempo fóra do tempo.
Na sala infantil da biblioteca, pode visitarse durante o horario de apertura.



