Evento: Palestina. Historia dun xenocidio

  • Bandeira de Palestina
Palestina. Historia dun xenocidio
martes, 2 decembro, 2025 a sábado, 31 xaneiro, 2026
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Palestina. Historia dun xenocidio

Mostra bibliográfica

Desde o 8 de outubro do 2023, as autoridades israelís manteñen ataques indiscriminados contra a poboación palestina en Gaza, en clara violación das normas máis elementais do Dereito Internacional Humanitario e os dereitos humanos. 

Israel impuxo un asedio contra Gaza, deixando a dous millóns de persoas atrapadas sen electricidade, auga, comida ou medicinas, e sometidas a continuos bombardeos que matan a unha media de 250 persoas ao día. Os ataques israelís aéreos, marítimos e terrestres sobre a Franxa asasinaron a máis de 61000 persoas, e hai miles de persoas feridas e desaparecidas baixo os escombros. 
A Oficina de Nacións Unidas para a Coordinación de Asuntos Humanitarios (OCHA) denuncia máis de 800 ataques dos colonos israelís, que provocaron que máis do 80% das infraestruturas – hospitais, escolas, vivendas, bibliotecas, sistemas de auga e electricidade – estean destruídas ou gravemente danadas. Miles de familias están desprazadas, sen refuxio nin acceso aos recursos más básicos.

En setembro do 2025, a Comisión Internacional Independente de Investigación sobre os territorios palestinos ocupados da ONU confirmou o xenocidio inflixido en Gaza mediante unha investigación exhaustiva dos feitos e instou a castigar aos responsables. Esta conclusión únese ás ordes internacionais de arresto contra Benjamín Netanyahu e Yoav Galant que ditou a Corte Penal Internacional no 2024 por cometer crimes de guerra e de lesa humanidade.

Tras o “acordo de paz” anunciado por Trump, segue habendo asasinatos, os convois de axuda quedan varados nas fronteiras, continúa o asedio con máis do 50% do territorio palestino baixo control israelí.

Por todo isto, non deamos a esquecemento, lembremos á poboación palestina. Sigamos pedindo paz, xustiza e a soberanía do pobo palestino, e apoiemos o fin da ocupación e do xenocidio. 

No 2º andar, pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.

Máis eventos de tipo Exposición

Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8