Evento: Scriptorium. “Artistas da palabra”

Scriptorium. “Artistas da palabra”
martes, 30 decembro, 2025 - 12:00
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense

Scriptorium. “Artistas da palabra”

Obradoiro con mekané

Proxecto parar dar a coñecer o importante labor dos monxes e monxas copistas.

Dende o S. IX, algunhas abadías e mosteiros posúen un Scriptorium, o lugar onde copiaban, decoraban e encadernaban os códices.

No obradoiro analizaremos o significado dos Scriptorium, a importancia dos códices. Falaremos da confección do pergamiño, a evolución das tintas, dos instrumentos de escritura, a cana e a pluma.

Veremos os elementos decorativos, a iluminación e os debuxos das capitulares.

Os participantes convertiranse en Artistas da palabra. Cada un co seu caderno de traballo e unha capitular para que a decoren o seu gusto.

Actividade pensada para nenas e nenos de 9 a 12 anos. 

As prazas son limitadas polo que é preciso facer inscrición previa ben presencialmente ou ben chamando por teléfono aos números 988 788 385 / 386 dende o venres anterior. 

Duración: 1.30 h

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiro infantil de Astronomía
27 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Observación do ceo nocturno con telescopio
27 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Obradoiro de Primeiros Auxilios para Mini Socorristas
28 de novembro
Biblioteca Pública de Lugo
Contos en "figuras de luz"
28 de novembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola