Evento: Scriptorium. “Artistas da palabra” - luns 22

Scriptorium. “Artistas da palabra” - luns 22
luns, 22 decembro, 2025 - 12:00
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense

Scriptorium. “Artistas da palabra” - luns 22

Obradoiro con mekané

Proxecto parar dar a coñecer o importante labor dos monxes e monxas copistas.

Dende o S. IX, algunhas abadías e mosteiros posúen un Scriptorium, o lugar onde copiaban, decoraban e encadernaban os códices.

No obradoiro analizaremos o significado dos Scriptorium, a importancia dos códices. Falaremos da confección do pergamiño, a evolución das tintas, dos instrumentos de escritura, a cana e a pluma.

Veremos os elementos decorativos, a iluminación e os debuxos das capitulares.

Os participantes convertiranse en Artistas da palabra. Cada un co seu caderno de traballo e unha capitular para que a decoren o seu gusto.

Actividade pensada para nenas e nenos de 6 a 8 anos. 

As prazas son limitadas polo que é preciso facer inscrición previa ben presencialmente ou ben chamando por teléfono aos números 988 788 385 / 386 dende o venres 12 de decembro ás 09.00h. 

Duración: 1.30 h

 

Máis eventos de tipo Obradoiro

Xogando coas letras - mércores 28
28 de xaneiro
Biblioteca Pública de Ourense
Obradoiro de creación de mensaxes secretas dedicado a Siro López
30 de xaneiro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Obradoiro de ilustración científica
31 de xaneiro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Dicionario de espellos
31 de xaneiro
Biblioteca Pública de Ourense