Evento: Duncan de palleiro

Duncan de palleiro
venres, 12 decembro, 2025 - 18:00
Biblioteca Pública de Lugo,
Lugo

Duncan de palleiro

A cargo de Lila Teatro

Así é como transcorre un día na vida dun can, pero non dun can calquera.

Trátase dun can moi especial que pertence a unha raza mítica, lendaria e con moito prestixio, a de Palleiro. Este can é Duncan de Palleiro, o Príncipe das Corredoiras.

Duncan leva unha vida sinxela á beira do seu amo Aurelio e dos seus amigos, veciñas e rabaños de sempre nunha aldeiña ao abeiro do monte Espigo chamada Oubidos, da cal se sente moi fachendoso.

Duncan ama profundamente a todos os nenos e nenas, e alí onde vai leva consigo unha grandísima sorpresa que non deixará ninguén indiferente.

Amizade, Ledicia e Liberdade son as palabras que máis lle gustan a Duncan de Palleiro.

Para nenos/as partir de 3 anos (Familiar)

Duración 60 minutos.

Salón de actos (ata completar capacidade)

Máis eventos de tipo Espectáculo

Cancelado
Periplo atlántico
30 de xaneiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
6 de febreiro
Teatro Lauro Olmo
tÁ
7 de febreiro
Teatro Pastor Díaz
tÁ
8 de febreiro
Pazo da Cultura