Evento: Caída libre para persoas con vertixe

  • Caída libre
Caída libre para persoas con vertixe
xoves, 27 novembro, 2025 - 20:30
Salón Teatro,
Santiago de Compostela

Caída libre para persoas con vertixe

D10! Encontro de Formación e Innovación en Circo

A teoría da caída libre é a excusa perfecta para colarse no universo relacional das dúas protagonistas. Un abano de bucles tanto físicos como emocionais guiados polas evidentes carencias propias que as levan a expresar o amor da forma máis inevitablemente torpe e sinceira. A impotencia de non saber como soster a relación tradúcese en palabras acrobáticas que se contradín con cariño e agresividade. Onde os corpos se comunican a través das caídas dentro do vaivén de fina liña entre o cotiá e o absurdo. Un paracaídas podería salvalas da caída libre? Ou simplemente a faría máis longa?

Compañía: Bragacadavra

Organiza: Pistacatro

Patrocina: Xunta de Galicia

Venda de entradas en ataquilla

Máis eventos de tipo Espectáculo

os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril
Multiúsos da Xunqueira
Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia