Evento: Arqueoloxía do pequeno, arqueoloxía do invisible
Arqueoloxía do pequeno, arqueoloxía do invisible
Arqueoloxía do pequeno, arqueoloxía do invisible é unha exposición que amosa as posibilidades de emprego das novas tecnoloxías na investigación arqueolóxica.
Esta exposición ofrece unha ollada a algúns dos métodos e ferramentas de traballo que hoxe usa a arqueoloxía e que probablemente rachen a idea máis habitual que se ten desta disciplina. Mostra un percorrido polas novas técnicas de análise de materiais arqueolóxicos -arqueoloxía do pequeno- e as tecnoloxías de prospección e rexistro non invasivas de áreas arqueolóxicas -arqueoloxía do invisible-.
Exposición realizada dentro da encomenda de xestión entre a Deputación de Pontevedra e o Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
Pode visitarse no vestíbulo durante o horario de apertura da biblioteca.



