Evento: Ramona Órbita. A dona do tempo

  • Ramona Órbita. A dona do tempo, Pakolas
Ramona Órbita. A dona do tempo
sábado, 22 novembro, 2025 - 18:00
Biblioteca de Galicia,
Santiago de Compostela

Ramona Órbita. A dona do tempo

Espectáculo musical con ilustracións ao vivo con Paco Cedeira, Pakolas, e Laura Romero

Un espectáculo para público infantil e familiar que combina música, narración e ilustracións ao vivo na Biblioteca de Galicia en conmemoración do Día da Música. Ramona Órbita, unha súper muller labrega da Serra do Courel, é xefa na horta, boa coa tecnoloxía, ecoloxista e inventora dunha horta cibernética de patacas automáticas e dunha incrible máquina do tempo, o seu mellor invento.

Con ela viaxamos ao pasado e ao futuro en busca de tecnoloxía para crear un mundo máis ecolóxico e con enerxías limpas. A través de cancións, historias e ilustracións, descubrimos diferentes épocas: desde a prehistoria, onde compartimos churrasco de mamut con Manolo Cavernario, ata o Renacemento, co encontro con Leonardo da Vinci, ou o Antigo Exipto, con Ramsés e as súas curiosas aventuras.

Paco Cedeira, Pakolas, guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical e Laura Romero será a ilustradora a cargo de aportar unha nova dimensión visual coa creación en directo de debuxos.

Unha experiencia divertida, educativa e musical que ensina sobre ciencia, historia e sustentabilidade.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Imaxe
Extra!
4 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril
Multiúsos da Xunqueira
Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia