Evento: DOMINGO FONTÁN. O PRIMEIRO ROSTRO DE GALICIA

DOMINGO FONTÁN. O PRIMEIRO ROSTRO DE GALICIA
venres, 7 novembro, 2025 - 19:00
Biblioteca de Galicia,
Santiago de Compostela

DOMINGO FONTÁN. O PRIMEIRO ROSTRO DE GALICIA

Documental e conversa con Elena Vázquez, Alberto Fortes e Francisco Alberto Varela

A figura do matemático e xeógrafo Domingo Fontán é fascinante. Hai case 200 anos dedicouse á elaboración do Mapa Cartográfico de Galicia, un proxecto ao que dedicou 17 anos da súa vida. En 1817 iniciou a súa travesía por toda Galicia, anotando cada montaña, río, ponte ou igrexa nun territorio de máis de 29.000 km², sen deixar ningún metro sen percorrer, rexistrar ou medir. Este foi o primeiro mapa realizado con rigor científico en España.
Para coñecer a súa apaixonante vida e traxectoria, proxectarase o documental Fontán. O primeiro rostro de Galicia, que amosa distintos aspectos pouco coñecidos deste sabio, matemático, científico, político e filósofo, soterrado no Panteón dos Galegos Ilustres.

No evento contaremos coa presenza de tres expertos que comentarán a figura e obra de Fontán:

Elena Vázquez, catedrática de Matemáticas da USC

Alberto Fortes, autor de A viaxe xeométrica de Domingo Fontán

Francisco Alberto Varela, profesor do Grupo de Visualización Avanzada e Cartografía da Universidade da Coruña

Descubre a historia dun dos galegos máis brillantes e a súa contribución fundamental á cartografía e á ciencia en España.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Presentación de libros no Museo Massó
Presentación de libros
1 de abril
Museo Massó
Presentación do libro "1140"
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
BibliotecArte: "Noctámbulos / Nightwalks" de Edward Hopper
6 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés