Evento: Libros que nos fan ser
Libros que nos fan ser
luns, 3 novembro, 2025 - 19:00
Biblioteca de Galicia (Cidade da Cultura),
Santiago de Compostela Libros que nos fan ser
Conversa sobre lecturas que inspiran, curan e alimentan
¿Recoñeces ese formigueo ao soster un libro por vez primeira?
No Día da Lectura a Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, celebra o amor polos libros cunha conversa entre Lorena Bembibre, médica e lectora militante creadora da conta @loeenlasnubes, Emma Pedreira, escritora e bibliópata confesa e Carlos Negro, escritor e crítico literario.
Con eles compartiremos a sintomatoloxía das persoas biblópatas: esa curiosidade inesgotable polas historias alleas, a desconexión do tempo real ao mergullarnos noutros mundos e o pracer de entregarse ás palabras.
Será tamén unha conversa sobre os libros que nos fan ser, as lecturas que nos marcaron, as que nos inspiran, curan e alimentan.
Ligazóns


