Evento: Resonancias + Tão Pequeninas, Tinham o Ar de Serem Já Crescidas

Resonancias + Tão Pequeninas, Tinham o Ar de Serem Já Crescidas
venres, 21 novembro, 2025 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Resonancias + Tão Pequeninas, Tinham o Ar de Serem Já Crescidas

Diana Gonçalves, 2024 / Tânia Dinis, 2024

Resonancias converteuse nunha fermosa exploración polo universo compartido e descoñecido da Lusofonía en Sadurniño realizada por unha cineasta da fronteira. Diana foi quen de atopar nunha aldea allea o ronsel da súa identidade cultural e, ao tempo, ser fiel a si mesma e á propia memoria persoal. O talento da cineasta luso-galaica foi quen de diluír, mediante resonancias vividas, os 220 km que nos separan da súa patria da infancia. (Manolo González)

Resonancias naceu na oitava edición do laboratorio audiovisual Chanfaina Lab (San Sadurniño, A Coruña) realizado en 2024.

___

Este filme combina o tratamento ficcional e documental, e parte do arquivo fotográfico e de imaxes reais e do testemuño oral de varias mulleres, de Trás-os-Montes, Beira, Alto e Baixo Minho, que, entre os anos 40 e 70, foron para Porto traballar como criadas domésticas.

“Tânia Dinis continúa o seu traballo preciso e envolvente de contar historias a través de arquivos de imaxes e rexistros orais. Aquí, rescata da invisibilidade algunhas das mulleres que non tiveron tempo para ser crianzas, enviadas das aldeas para seren criadas domésticas en casas de señores e señoras das grandes cidades. Práctica común entre as décadas dos 40 e 70 e reflexo dun país gris, pobre e analfabeto. Nunca está de máis recordar a situación e a posición destas mulleres, aínda máis no momento en que se celebran 50 anos da revolución [dos cravos]”. (Carlos Ramos - IndieLisboa)

 

Presentación e coloquio: Diana Gonçalves e Tânia Dinis.

Máis eventos do ciclo OFF GALICIA

A Contraarmada
5 de novembro, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña