Evento: Dahomey

Dahomey
xoves, 23 abril, 2026 - 19:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña
Mati Diop, 2024

No século XIX, imperialistas franceses tomaron miles de artefactos do antigo reino de Dahomey para a súa exposición en museos parisienses. Agora varios destes artefactos están a ser repatriados á actual Benin.

O filme segue ese proceso de repatriación co rigor do cinema directo, mentres filma estatuas dotadas dunha voz poética, ao estilo do mítico filme de Chris Marker e Alain Resnais Les statues meurent aussi (1963). Engadindo tamén treitos dramatizados e coa gravación dunha asemblea sobre como resignificar este patrimonio e sobre os retos da súa conservación e exposición no continente africano; a fita acaba por abordar de xeito poliédrico as complexidades desta restitución histórica.

 

Encontro previo con Rubén H. Bermúdez, autor de Y tú, ¿por qué eres negro?

Máis eventos do ciclo Territorios mutantes

Reassemblage
21 de abril, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
A todos nos gusta el plátano
22 de abril, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
La risa y la navaja
24 de abril, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
Lumumba: La mort du prophète
29 de abril, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña