Evento: Carmen de Bizet

Carmen de Bizet
xoves, 6 novembro, 2025 - 20:30
Filmoteca de Galicia,
A Coruña
Francesco Rosi, 1984

As tropas napoleónicas ocupan España ao redor de 1820. En Sevilla, a xitana Carmen enfeitiza o cabo don José, que acaba por desertar do exército e rexeitar o seu compromiso previo con Micaela para se lanzar aos brazos de Carmen. Pero cando o toureiro Escamillo comeza a rondala tamén, os celos de José impoñen terribles consecuencias.

Adaptación da última e influínte ópera de Georges Bizet. Dise que o francés nunca visitara España e que se baseou nas ilustracións de Gustave Doré para a ambientación. O cineasta Francesco Rosi decidiu partir das mesmas para a dirección de arte e o vestiario da súa película, indo rodar a varios dos lugares nos que o pintor se documentara. Filmada de xeito íntegro por Pasqualino De Santis en localizacións exteriores de Ronda (a praza de touros), Carmona (boa parte das secuencias do primeiro acto, para evocar unha Sevilla do pasado) e a propia capital andaluza; esta Carmen asombra polo seu equilibrio entre a épica operística e un realismo por momentos case documental.

A música foi interpretada pola Orquestra Nacional de Francia baixo a batuta de Lorin Maazel e no elenco principal figura a neoiorquina de orixe portorriqueña Julia Migenes como Carmen e o español Plácido Domingo como don José.

In the Mood for Love
In the Mood for Love /Deseando amar
13 de novembro, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
Annette
Annette
20 de novembro, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña