Evento: Montaña sobre montaña. Saltamontes

Montaña sobre montaña. Saltamontes
xoves, 30 outubro, 2025 a sábado, 17 xaneiro, 2026
Praza do Toural, Pazo de Bendaña,
Santiago de Compostela

Montaña sobre montaña. Saltamontes

A Fundación Eugenio Granell acolle ata o 17 de xaneiro a exposición /Montaña sobre montaña. Saltamontes/, da artista Lúa Gándara, comisariada por Eduardo Valiña. A mostra presenta o traballo desenvolvido pola c...

A Fundación Eugenio Granell acolle ata o 17 de xaneiro a exposición Montaña sobre montaña. Saltamontes, da artista Lúa Gándara, nun proxecto comisariado por Eduardo Valiña. A mostra é o resultado do traballo desenvolvido pola creadora durante a súa estadía na IX edición de Artista en Residencia da Fundación.
A proposta de Lúa Gándara transita entre diferentes linguaxes artísticas —desde a pintura ata a performance ou o son— para construír un espazo plástico cheo de ritmo, cor e movemento. A artista combina signos e símbolos que establecen diálogos co cotián e coa colectividade, utilizando o humor como ferramenta expresiva e emocional. O proxecto convértese así nunha estrutura aberta e colaborativa, onde conflúen outras creadoras e prácticas que amplían o discurso cara ao público, o urbano e o vital.
 

Máis eventos de tipo Exposición

Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8