Evento: Hora Treintaypico: el show

Hora Treintaypico: el show
sábado, 17 xaneiro, 2026 - 18:00
Rúa do Preguntoiro, 23,
Santiago de Compostela

Hora Treintaypico: el show

‘Hora Treintaypico: o show’ é a versión escénica de ‘Hora Veintipico’ en 90 minutos de comedia sen filtros con dous obxectivos moi claros: que Héctor de Miguel sexa aínda máis rico e mellorar o miserable soldo...

Tras o seu estreo en 2021, ‘Hora Veintipico’ consolidouse en Cadena SER como o principal formato de comedia diario da súa parrilla. Con máis de 400.000 descargas mensuais en podcast, 45 millóns de visualizacións en YouTube e máis de 130.000 subscritores nesta plataforma, chegara o momento de dar o paso e trasladar o espírito falador e sarcástico do programa aos escenarios. Tras o seu estreo na mítica Sala Galileo Galilei de Madrid, o espectáculo xirou por Valencia, Zaragoza, Huesca ou Barcelona, convertendo cada show nunha celebración da comedia máis comprometida e nunha auténtica festa xunto aos seus fieis seguidores e seguidoras.
‘Hora Treintaypico: o show’ é a versión escénica de ‘Hora Veintipico’ en 90 minutos de comedia sen filtros con dous obxectivos moi claros: que Héctor de Miguel sexa aínda máis rico e mellorar o miserable soldo que lles paga aos seus guionistas.
Con Fernando Moraño, Jose Cabrera, Marina Lobo, Miguel Martín e Héctor de Miguel. E con estes bois hai que arar.
 

Máis eventos de tipo Espectáculo

os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril
Multiúsos da Xunqueira
Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia