Evento: Mañás poéticas

  • Tsvetanka Elénkova
Mañás poéticas
mércores, 26 novembro, 2025 - 10:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Mañás poéticas

Sobre a obra de Tsvetanka Elénkova

Segunda sesión das Mañás poéticas, actividade coordinada por Carlos Arias - voluntario do programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia - para achegar a poesía ás persoas interesadas.

Nestas sesións, que terán lugar os últimos mércores do mes, farase unha lectura libre de textos dunha poeta e un diálogo aberto sobre as impresións da lectura.

A entrada é libre ata un máximo de 15 participantes.

Tsvetanka Elénkova (Sofía, 1968)

Poeta, ensaísta e tradutora. Publicou seis volumes de poesía e dous libros de ensaios. O sétimo xesto editouse en Inglaterra, Francia e Serbia. Os seus poemas traducíronse a dezasete idiomas. En español e galego apareceron nas revistas Ærea, A Outra, Posdata, Luzes e na antoloxía Cartografas subterráneas.

Elénkova traduciu aos poetas galegos Rosalía de Castro, Lois Pereiro, Manuel Rivas e Chus Pato ao búlgaro. Directora editorial de Small Stations Press, actualmente está a traballar tamén nunha tese de doutoramento sobre a poesía de san Gregorio Nacianceno.

O día
O día comeza dunha cor rosada coma a pel dun bebé. Coa súa suavidade e o recendo a plumóns. Tamén o amarelo arredor da boca e pelusa na cabeciña. Nada máis ca unha nube pequeniña: a saliva, mentres o aleito. Cun arrolo comeza o día, das aves. Ás veces, se é un neno, de azul. Cueiros de auténtico algodón. Mais nin lle ensinamos nin o arremedamos. Non lle damos axóuxeres nin mordedores de goma para que rañe os dentes. O día, tan solitario coma un bebé abandonado diante do fogar “Madre e fillo”, está á espera de que lle agrade a alguén que pase, e que o dean por fin nas noticias. Oxalá que os pais o recuperen.
O sétimo xesto (en castelán, Vaso Roto, 2021)

 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
XVI Premio Atlante de Gravado
13 de setembro a 13 de novembro
Colección Visitable Fundación Museo de Artes
LecturArte
16 de setembro a 17 de decembro
Museo de Belas Artes
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2025-26
18 de setembro a 4 de xuño
Avenida do Burgo das Nacións